A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, equipo de traballo da UDC participante no proxecto europeo CRISPRO, do que a UDC é partner asociado, asistiu acompañado de AXEGA 112, o CITIC e o Campus Industrial de Ferrol á reunión internacional do Proxecto CRISPRO en Finlandia. Foi un pracer compartir esta reunión con D. Marcos Araújo, Xerente de AXEGA, Ana Almécija, técnica de proxectos europeos do CITIC e Marta Trueba, técnica de apoio a investigación no Campus Industrial de Ferrol.

A reunión internacional do proxecto tivo lugar os días 28 e 29 de marzo, cun intenso programa de actividade que incluíu encontros co Ministerio de Interior de Finlandia, a Asociación Finlandesa de Rescate SPEK, Cruz Vermella de Finlandia, Servizo Nacional Voluntario de Rescate (VAPEPA) e a Municipalidade de Porvoo, onde se mantiveron encontros con representantes dos servizos de Emerxencia, así como con persoal dos servizos municipais de Educación.

A delegación foi liderada por ISEMI, líder e coordinador do proxecto CRISPRO, contando coa asistencia de representantes de entidades tales como Distrito Municipal de Bratislava, Ministerio de Migración de Eslovaquia, Protección Civil de Chequia, a Fundación CIMA de Italia, Servizos de Rescate, e representantes do departamento de xestión de crise da Asociación de Municipalidades e Cidades de Eslovaquia e Chequia.

O encontro serviu para profundar no intercambio de experiencias dos distintos sistemas de protección civil europeos, difundir o intenso labor de desenvolvemento realizada no marco de proxecto CRISPRO, e facilitar novas alianzas entre as delegacións participantes e as entidades finlandesas.