A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias nace da colaboración entre administracións e profesionais vinculados ao ámbito da prevención e considerando que, para que resulte útil aos obxectivos que a motivaron, debe apostar por tender pontes de colaboración con outras entidades e persoas interesadas ou afectadas nas iniciativas que nos propomos levar a cabo.
É por isto que a Cátedra está imersa en unha intensa campaña de presentacións e encontros. O pasado luns, membros da Cátedra mantiveron unha reunión con Mauricio Calvo, representante do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. O encontro serviu para presentar a Cátedra e os seus obxectivos, abordando posibles liñas de colaboración entre a mesma e o Consorcio.