O proxecto das unidades didácticas de “coles seguros” foi presentado o luns 14 de xuño nos xardíns do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.
Con o acompañamento da Vicerreitora do Campus de Ferrol María Jesús Movilla, o Director do Campus Industrial, a Alcaldesa de Narón e Vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Marián Ferreiro, así como representantes dos equipos directivos dos centros de infantil e primaria da comarca e varias das Facultades do Campus, foi presentada o primeiro dos proxectos que a Comisión Didáctica da nosa Cátedra está a desenvolver baixo o título “Coles seguros”.
A presentación do acto correu a cargo da Vicerreitora do Campus de Ferrol, que destacou a importancia de achegar á Universidade á sociedade, especialmente ás nenas e nenos como os que participaron no acto. A continuación o Director da Cátedra, Moisés Alberto García, puxo en valor as actividades desenvolvidas pola entidade relacionadas con a difusión dos principios da autoprotección entre a poboación.
Foi a continuación cando o protagonismo recaeu no alumnado do CEIP Ponte de Xuvia e CRA do Val, que colaboraron activamente no deseño e mellora das actividades que fan parte da unidades didácticas presentadas. Representantes dos centros escolares, explicaron as principais actividades desenvolvidas, destacando a importancia do aprendido e enorme valor que pode ter en caso de sufrir ou ser testemuñas de unha emerxencia.