No sítio web da UDC TV podes visualizar a presentación da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, que decorreu o pasado mes de decembro no Salón de Actos “Concepción Arenal” do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.

Visualiza a presentación “A protección civil que queremos”.

Suceso da inauguración da Cátedra

Ante unha representativa audiencia de representantes dos concellos e entidades implicadas na resposta ante emerxencias, decorreu a inauguración da Cátedra na tarde do día 16 de decembro no Salón de Actos Concepción Arenal, no campus de Ferrol.

A inauguración da Cátedra, consistiu en unha breve presentación dos obxectivos que motivaron a súa creación e os proxectos máis destacados nestes últimos meses, que correu a cargo do director Moisés Alberto García Núñez e o coordinador do organismo, Daniel Lorenzo Mirón. A seguir, tivo lugar a primeira conferencia do ciclo “A protección civil que queremos”, un acto presentado por D. Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, e no que participaron dous destacados representantes do sistema de resposta ante as emerxencias. Así, nesta primeira conferencia, interviron a directora do 061, Dna. Adriana Regueira Pan e o Xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), D. Marcos Araújo Arias.

Ao longo das máis de dúas horas do acto, abordáronse elementos chave da xestión das emerxencias na nosa comunidade, con especial atención á actuación durante a crise sanitaria. As intervención dos poñentes así como o debate motivado polas preguntas das persoas asistentes, serviron para achegar algúns dos retos que esta crise plantexou ao sistema de protección civil.

Go to Top