A Cátedra ven de inaugurar unha nova colaboración co programa VOCES DE FERROL de Radio Voz. De forma periódica membros da Cátedra participarán no programa radiofónico  para abordar cuestións relacionadas coa seguridade e a prevención. Neste estreo do espazo Sonia Zaragoza, Directora de nosa Cátedra, e Santiago Troitiño, Coordinador de Seguridade do Concello de Ferrol, abordaron cuestións relacionadas coa seguridade nos areais, precisamente nun momento de máximo risco debido a afluencia ás praias e as especiais características da nosa costa. No programa abordáronse cuestións como a consulta do estado das praias, os principais riscos destes espazos ou consellos en caso de que se produza algún tipo de incidente.

Podes escoitar o programa accedendo ao seguinte enlace. SEGURIDADE E PREVENCIÓN NAS PRAIAS · CÁTEDRA

Coa colaboración con Radio Voz a Cátedra procura cumprir unha das súas principais misións, a de contribuír a difundir a autoprotección entre a cidadanía. Se desta vez se tratou a seguridade nas praias, en próximos programas abordaranse temas relacionados coa prevención noutros espazos naturais, eventos de alta afluencia ou no propio fogar.