A Universidade da Coruña (UDC) e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol asinaron un acordo para a posta en marcha dunha Cátedra de Xestión de Emerxencias e Protección Civil.
O alcalde de Ferrol e presidente da Mancomunidade, Ángel Mato, e o reitor da UDC, Julio Abalde, selaron na tarde deste luns o convenio para a creación desta cátedra nun acto celebrado no concello o pasado 11 de novembro de 2019.
A creación desta cátedra parte da necesidade dos profesionais e técnicos locais de unificar coñecementos e criterios e dispor de documentación científica sobre emerxencias e protección civil que os axude no seu labor.
O convenio inclúe unha comisión de seguimento que estará composta por representantes tanto da Mancomunidade como da UDC e Moisés Alberto García Núñez será o director da cátedra.
Prensa
La Mancomunidad estudia crear con la UDC una cátedra sobre emergencias
A UDC e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol crean unha cátedra de xestión de emerxencias e protección civil
A UDC e a Mancomunidade de Ferrol crean unha cátedra de emerxencias e protección civil
La UDC y la Mancomunidade de Ferrol crean una cátedra de emergencias y protección civil
En marcha la cátedra de emergencias de Mancomunidade de Ferrol y Universidade
Firmado un convenio entre Mancomunidad-UDC para crear una cátedra sobre emergencias y protección civil
https://www.galiciaartabradigital.com/archivos/203781
Una nueva cátedra de emergencias