COVALEX é unha iniciativa internacional liderada pola Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da UDC. O proxecto, de dous anos de duración, seis socios e un orzamento aproximado de 658.000 euros. Covalex ten como obxectivo establecer unha comunidade común e multidisciplinar de expertos para abordar o impacto dos desastres hidrometeorolóxicos, así como os derivados de factores multirisco.

Trátase por tanto de que se xere unha rede de expertos multidisciplinar na que se conte coa presenza de universidades, axentes de emerxencias en protección civil, asociacións gobernamentais e empresas de distintos países europeos para pór en común os coñecementos existentes e promover a gobernanza dos riscos baseada na ciencia e a comunicación interoperable dos responsables da toma de decisións, os axentes humanitarios e de infraestruturas estratéxicas, e a industria e empresas de cada país.

A Comunidade creará capacidades mediante a participación de 11 socios; España, Italia, Finlandia, Francia, Portugal, Austria, Bosnia e Herzegovina, Macedonia, Serbia e Xordania. Os principais resultados do proxecto serán: unha guía de adestramento e formación con exercicios baseados en escenarios, contidos de aprendizaxe combinados con ferramentas de apoio de código aberto para os responsables da toma de decisións, eventos da comunidade científica, incluíndo hackathons, debates temáticos e impulso da ciencia para a resiliencia, activando máis de 200 expertos na base de datos COVALEX.

Mellorar a comunicación entre os países europeos ante as emerxencias, crear sistemas de protección civil máis resilientes e cooperativos, mellorar os resultados das intervencións ante as emerxencias, así como xerar un novo sistema baseado na comunidade científica son os principais obxectivos deste proxecto.

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da Universidade da Coruña apoiou o desenvolvemento dunha ferramenta de avaliación de riscos en liña dentro do proxecto CRISPRO, liderado polo Instituto Internacional de Seguridade e Xestión de Emerxencias de Eslovaquia, o Ministerio do Interior de Finlandia, o Instituto Checo de Protección das Persoas, o Departamento de Bombeiros de Saboia (Francia) e a Fundación CIMA en Ciencias Ambientais e Protección Civil (Italia). A Cátedra implicouse na cartografía dos tipos de catástrofes máis frecuentes en Europa.

Nese proxecto partiuse da base de que temos que centrarnos en como as funcións das sociedades ven afectadas as catástrofes naturais ou provocadas polo ser humano. Preguntamos aos xestores de crises, aos primeiros intervintes e aos rescatadores que é o máis importante para estar preparados para tomar solucións eficaces. A resposta é un enfoque sinxelo cara ás ameazas e as capacidades, que dá aos xestores de crises a oportunidade de valorar e comparar o impacto das catástrofes en zonas definidas, comunidades e grupos vulnerables fronte á capacidade de mitigar o número de vidas, as perdas e a recuperación irreversible da zona destruída.

As contribucións de cada entidade permitiron o desenvolvemento dunha ferramenta en liña que pode servir a cada xestor de crise ou organización que se ocupe da planificación, a mitigación de riscos e a aplicación de medidas para reducir os efectos negativos.

 

A ferramenta electrónica está dispoñible en español en https://crispro.eu/assessment-tool/