“A protección civil que queremos” é o título escollido pola Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias para un ciclo de conferencia no que se quere abordar un debate de profundidade sobre o presente e futuro deste sector chave para o nosa seguridade.
A primeira conferencia do ciclo terá lugar o próximo mércores 16 de decembro no Salón de Actos “Concepción Arenal” no Campus de Ferrol ás 18h00, participarán a directora do 061, Dna. Adriana Regueira Pan e o Xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), D. Marcos Araújo Arias, contando con a presentación do Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, D. Salvador Naya Fernández.
Así, nesta primeira conferencia, teremos a fortuna de contar con a testemuña dos responsables de dúas das entidades centrais da actuación ante emerxencias na nosa comunidade.
Por un lado, Adriana Regueira Pan, é licenciada en Medicina e Ciruxía, exercendo desde o ano 2019 como directora asistencial da Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia-061, responsabilidade que ocupou durante boa parte da crise sanitaria, até que no mes de setembro deste ano asumíu a dirección da Fundación. Vinculada profesionalmente ao 061 e a actuación en emerxencias sanitarias exerceu como médico nas Áreas Sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte.
No caso de D. Marcos Araújo Arias, é xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), entidade que naceu ao abeiro da Lei de Emerxencias de Galicia no ano 2007. A Axencia xestiona o Centro de Atención de Emerxencias do 112, identifica e analiza os riscos que afectan a nosa comunidade ou desenvolve os programas en materia de protección civil deseñados pola Xunta de Galicia, convertíndose con o paso dos anos en un elemento esencial para o funcionamento e coordinación do sistema de prevención e actuación de emerxencias en Galicia.
Neste primeiro acto, terá lugar tamén a presentación da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, que antecederá á conferencia e participarán xunto con D. Salvador Naya Fernández, o Director da Cátedra e coordinador do Mestrado de Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, D. Moisés Alberto García Núñez, e o coordinador da Cátedra, D. Daniel Lorenzo Mirón.
PRENSA