Composición
Tendo en conta o carácter multidisciplinar do ámbito de investigación da Cátedra, apostouse por un modelo organizativo no que se combinan os organismos de decisión, control e seguimento con outros que teñen como principal obxectivo a dinamización do traballo e que estarán conformados por especialistas en cada unha das materias que se pretenda abordar.
COMISIÓN DE SEGUIMENTO
POLA UDC
Vicerrector de Política Científica,
Salvador Naya Fernández.
Decano da Fac. de CC do Traballo,
José Luís López Fernández.
Coordinador Mestrado de PRL e RC.
Moisés Alberto García Núñez.
Coordinador da materia de Protección Civil do Mestrado.
Asunción López Arranz
POLA MANCOMUNIDADE
Predidente da Mancomunidade.
Ángel Mato Escalona
Vicepresidenta da Mancomunidade.
Marián Ferreiro Díaz.
Técnico de Narón. Rafael Pazos Louro.
Técnico de Ferrol. Santiago Troitiño.
COMITÉ ASESOR TÉCNICO
Director da Cátedra,
Moisés Alberto García Núñez.
Coordinador do Comité. Daniel Lorenzo Mirón
Rafael Pazos Louro.
Santiago Troitiño.
Sonia Zaragoza Fernández.
Moisés Alberto García Núñez (Director)
(Ferrol, 1966).
Doutor e enxeñeiro de Telecomunicacións, é profesor titular na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol. Foi decano deste centro que no ano 2011 implantou o mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, do que ademais é coordinador.
Daniel Lorenzo Mirón (Coordinador)
(Compostela, 1980).
Cursou o mestrado de Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns na Universidade da Coruña e participou activamente na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón, formando parte da súa directiva. Fundador de PREVINEM – Prevención Integral de Emerxencias-, dedícase profesionalmente á elaboración de plans de emerxencia, autoprotección e protección civil.
Rafael Pazos Louro
(Coruña, 1970)
Inspector xefe do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Narón. Desde moi novo participou activamente na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón, da que foi presidente, asumindo con posterioridade a xefatura do servizo de emerxencias municipal.
Apostou de forma decidida pola prevención desde o Concello de Narón, logrando que esta aposta fose un dos sinais de identidade do municipio.
María Sonia Zaragoza Fernández
(Ferrol)
Doutora en Enxeñería Industrial e profesora da Universidade da Coruña, é docente da materia de Seguridade en Instalacións Industriais, no mestrado de Riscos Laborais e Riscos Comúns que se imparte na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol.
Actualmente exerce como adxunta de Transferencia do Vicerreitorado de Política Científica, Investigación e Transferencia, exercendo entre os anos 2014 e 2017 como directora da Aula Institucional REPSOL.
Santiago Troitiño Guerrero
(Ferrol, 1962).