Ao amparo da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias estanse creando comisións de traballo que atenden temas concretos do noso ámbito de investigación. Entre as primeiras en constituírse e achegar resultados está a comisión de autoprotección escolar, que nestas semanas ultima os traballos do proxecto para a elaboración e implantación da Unidade Didáctica “Coles Seguros”.

Esta comisión, conformada por profesorado de infantil e primaria e técnicos, dedicaron os últimos meses a observar o impacto en aula das actividades que conforman a unidade didáctica, así como realizar diversas actividades que farán parte do proxecto.

A intención da Cátedra con a elaboración da Unidade Didáctica “Coles Seguros” e propor unha nova fase da prevención nos centros educativos, dirixidas de maneira específica á divulgación entre o alumnado dos principios básicos de actuación ante emerxencia e que os mesmos poidan divulgarse directamente através do profesorado.

Ademais da xustificación deste tipo de accións e que fan parte do cerne do ordenamento xurídico da protección civil, esta proposta ten como obxectivos principais:

  • Poñer en valor a escola como institución difusora da cultura da prevención, contribuíndo a educación de persoas responsables e con capacidade de actuación ante situacións de emerxencia.
  • Capacitar o alumnado para previr situacións de emerxencia no entorno escolar.