Cara unha xestión integral da búsqueda de persoas desaparecidas é o título da mesa redonda que terá lugar no Salón de Actos Concepción Arenal de Ferrol desde as 19h00., organizada pola nosa Cátedra.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, o director da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, Moisés Alberto García Núñez, e o coordinador da mesma, Daniel Lorenzo Mirón, farán entrega do premio ao mellor Traballo Fin de Grao sobre Protección Civil e Xestión de Emerxencias titulado “Plan de autoprotección dun complexo deportivo” e defendido pola alumna do máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, Carla Lorenzo Rodríguez, no curso 2020/21.
Acto seguido, dará comezo a mesa redonda “Cara unha xestión integral na búsqueda de persoas desaparecidas” na que intervirán o coordinador de Seguridade do Concello de Ferrol, Santiago Troitiño Guerrero, o inspector xefe da Policía Local de Ferrol, José Antonio Chao Cabanas, o presidente de Cans de Salvamento de Galicia, Alejandro Barreira Fernández, e o xefe da agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol, Alejandro Santiago Ramos.