A Universidade da Coruña (UDC) e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol asinaron un acordo para a posta en marcha dunha cátedra de xestión de emerxencias e protección civil.
O alcalde de Ferrol e presidente da mancomunidade, Ángel Mato, e o reitor da UDC, Jilio Abalde, selaron na tarde deste luns o convenio para a creación desta cátedra nun acto celebrado no Concello.
O Consistorio ferrolán destacou que a creación desta cátedra parte da necesidade dos profesionais e técnicos locais de unificar coñecementos e criterios e dispor de documentación científica sobre emerxencias e protección civil que os axude no seu labor.
Segundo indicou, a idea xurdiu de técnicos municipais dos municipios de Ferrol e Narón pero a intención é “sumar” a todas as administracións que estean interesadas. De aí, indicou, que se canalizase a través da Mancomidade, que contribuirá á cátedra cunha achega de 20.000 euros.
O convenio inclúe unha comisión de seguimento que estará composta por representantes tanto da mancomunidade como da UDC e Moisés Alberto García Núñez será o director da cátedra.