Loading...
  • Estreamos espazo en Radio Voz sobre a autoprotección

    A Cátedra ven de inaugurar unha nova colaboración co programa VOCES DE FERROL de Radio Voz. De forma periódica membros da Cátedra participarán no programa radiofónico  para abordar cuestións relacionadas coa seguridade e a prevención. Neste estreo do espazo Sonia Zaragoza, Directora de nosa Cátedra, e Santiago Troitiño, Coordinador de Seguridade do Concello de Ferrol, abordaron cuestións relacionadas coa seguridade nos areais, precisamente nun momento de máximo risco debido a afluencia ás praias e as especiais características da nosa costa. No programa abordáronse cuestións como a consulta do estado das praias, os principais riscos destes espazos ou consellos en caso de que se produza algún tipo de incidente. Podes escoitar o programa accedendo ao seguinte enlace. SEGURIDADE E PREVENCIÓN NAS

  • COVALEX, nova rede de expertos en prevención e xestión de emerxencias

    COVALEX é unha iniciativa internacional liderada pola Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da UDC. O proxecto, de dous anos de duración, seis socios e un orzamento aproximado de 658.000 euros. Covalex ten como obxectivo establecer unha comunidade común e multidisciplinar de expertos para abordar o impacto dos desastres hidrometeorolóxicos, así como os derivados de factores multirisco. Trátase por tanto de que se xere unha rede de expertos multidisciplinar na que se conte coa presenza de universidades, axentes de emerxencias en protección civil, asociacións gobernamentais e empresas de distintos países europeos para pór en común os coñecementos existentes e promover a gobernanza dos riscos baseada na ciencia e a comunicación interoperable dos responsables da toma de decisións, os

  • Reunión do Proxecto CRISPRO en Finlandia

    A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, equipo de traballo da UDC participante no proxecto europeo CRISPRO, do que a UDC é partner asociado, asistiu acompañado de AXEGA 112, o CITIC e o Campus Industrial de Ferrol á reunión internacional do Proxecto CRISPRO en Finlandia. Foi un pracer compartir esta reunión con D. Marcos Araújo, Xerente de AXEGA, Ana Almécija, técnica de proxectos europeos do CITIC e Marta Trueba, técnica de apoio a investigación no Campus Industrial de Ferrol. A reunión internacional do proxecto tivo lugar os días 28 e 29 de marzo, cun intenso programa de actividade que incluíu encontros co Ministerio de Interior de Finlandia, a Asociación Finlandesa de Rescate SPEK, Cruz Vermella de Finlandia, Servizo

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias é unha entidade promovida pola UDC e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e nace co obxectivo de converterse nun espazo estratéxico e duradeiro arredor da protección civil.

Aínda que a protección civil conta cunha ampla tradición no ordenamento xurídico español e galego, os aspectos relacionados coa previsión, prevención e planificación, elementos esenciais deste sistema público, non contan aínda, a pesar da súa potencialidade, coa implantación que sería desexable na nosa sociedade.

Coa posta en marcha da Cátedra pretendemos contribuír á investigación sobre a materia e a dotación de espazos para a formación de profesionais  no amplo campo do coñecemento da protección civil.

Novas

A xestión das persoas desaparecidas a debate

Cara unha xestión integral da búsqueda de persoas desaparecidas é o título da mesa redonda que terá lugar no Salón de Actos Concepción Arenal de Ferrol desde as 19h00., organizada pola nosa Cátedra. A vicerreitora do Campus de Ferrol

Xa podes visualizar a presentación da Cátedra na UDC TV

No sítio web da UDC TV podes visualizar a presentación da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, que decorreu o pasado mes de decembro no Salón de Actos "Concepción Arenal" do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.

Go to Top